Este decálogo, sirve de base ó traballo desenvolto e por desenvolver dun grupo de militantes socialistas de base, que un día decidiron axudar ó seu partido e ós seus dirixentes a recuperar o goberno de Galicia, intentando aportar o seu gran de aréa dende o seu traballo na rede, sempre sen personalismos e sen ningunha meta persoal.



01. Introducción.


A Rede de Activistas do PSdeG, non é ningunha corrente de opinión. Está integrado por persoas todas elas voluntarias, que persiguen mellorar o funcionamento e os resultados dunha determiñada área ou actividade do noso partido. Como obxetivos pretende estimular a través de equipos transversais o Progreso Social e Económico, mellorando a percepción e a satisfacción da cidadanía, favorecendo a penetración do Partido na Sociedade e impulsando a Participación e Implicación dos Militantes de Base.

02. Militancia Sostible.


A Militancia Sostible ou Militancia 2.0 no é so a aplicación de blogues e redes sociales o mundo político, sinon que debe ser a ferramenta pra sustentar a participación e interacción da militancia e os seus representantes, onde os militantes teñan un papel diferente: falen, opinen e se lles escoite. Esto supón un gran cambio na relación e as prácticas do noso partido coa sua propia estructura.
A Militancia Sostible consiste dun xeito práctico, na creación dunha nova forma de relacionarse do militante co partido, estando sempre o comenzo desta relación, na man do militante, sendo este quen decide cando e onde axudar, informarse ou interrelacionarse con outros membros do mesmo. Os cargos do partido ou a propia rede, o único que fan, e porlle os medios e a información, pra que estes se acerquen, traballen e se sintan orgullosos e recoñecidos polo seu traballo. Unha militancia onde o militante pon os límites o seu traballo ou aportación, e onde sabe que non fai falla que nadie lle chame pra pedirlle a súa aportación, xa que o traballar nunha rede social, son os seus propios compañeiros os que lle piden colaboración ou el mesmo decide a súa aportación.
É unha militancia compatible e que complementa a militancia física nunca sede municipal ou comarcal, e será no futuro unha vía indispensable, pra información, formación e a movilización necesaria nas distintas campañas electorais vindeiras.



03. Agrupación Virtual.


Creación dunha agrupación virtual que permita sempre, dende a militancia nunha agrupación física, axudar, formarse o informarse dende os criterios de militancia sostible. Traballarase pra súa inclusión nos distintos organos de dirección do partido, tendo en estes voz pero non voto. A súa función será a de servir de doble vía de comunicación entre a militancia e o partido a través da rede, e se usará sempre baixo a supervisión dos órganos designados polo partido, pra incrementar e fortalecer dita militancia.

04. Valedor do Militante.


Creación da figura do Valedor do Militante, sendo esta unha persoa con coñecementos claros de dereito e uso das redes e Internet, ofrecendo de enlace e vía de comunicación, entre a militancia e os cargos do partido. Publicará unha memoria anual onde se recolla de forma xenérica ou individual os casos e causas nos que ten traballado, sendo unha vía de referencia pra resolución de conflictos e determiñación de fallos no funcionamento do partido.

05. Banco de Traballo.


Creación dun banco de traballo cara a militancia onde ofertar traballos ou tarefas que o partido precisa cubrir, onde persoas de distinta indole e formación poidan participar dun xeito sostible. Este banco de traballo, é fundamental a hora de desenvolver e motivar a militancia sostible. Ademáis da oferta de traballo, crearase unha oferta de colaboración, onde os afiliados poidan anotarse ou anotar as súas accións de colaboración.



06. Escola Virtual de Formación.


Creación dunha escola virtual de formación que o amparo e adscrita a recen creada pola executiva, Escola de Formación Francisco Fernández, poida incrementar a oferta virtual do noso partido, e eliminar unha das grandes deficiencias referidas pola militancia como é a formación. O seus cursos serán sempre virtuais nas suas diferentes categorías e de caracter gratuito. Se lle pretende dar o nome de María Vázquez Suárez morta en Pontedeume en 1936 a causa de feridas de bala, María foi mestre, fundadora e directiva da Agrupación Socialista de Miño. Afiliada á UGT, e participou na Liga Internacional de Mulleres Ibéricas e Hispano-Americanas, sendo fundadora do subcomité coruñés desa entidade.

07. Causas Solidarias.


Votación por parte dos activistas (durante un mes), as causas sociales ou políticas a desenvolver o longo dun ano (do tipo 12 meses, 12 causas), adicándose cada mes a unha das causas, utilizando o final do ano toda a documentación e as opinións dos militantes, nun traballo global sobre as debanditas causas.



08. Recoñocemento de Méritos.


Instauración de un acto anual de méritos (relevancia, antigüedad, etc). Votaranse 5 persoas, unha por provincia e outra no exterior, que polos seus méritos ou relevancia social sexan dignos de ser recoñecidos nun acto, a votación realizaráse a través da rede.

09. Información dos Nosos Representantes.


Debatir o xeito de transmitir a militancia o traballo feito e por desenvolver, dos nosos representantes, no parlamento de Galicia, Español, Senado e Europeo. Facendo especial fincapé no traballo do Senado pra convertilo nunca auténtica cámara de representación territorial.



10. Presencia na Rede.


Aposta continua na Rede a través de distintas redes sociales e blogues que permitan a Rede de Activistas estar en contacto cos militantes, realizándose esta sempre con contidos actualizados. Aposta decidida, polo uso do software libre en tódo-los niveis do partido, asi como fomento do seu uso na administración.