Basicamente, este termo indica un estado de cesamento da actividade mental corrente e que significa unha liberación espiritual.

A persoa que experimenta o nirvana compárase cun lume apagado cando a súa provisión de combustible extinguiuse.

Na meditación transcendental isto ten un profundo significado, pero en política as súas connotacións son totalmente diferentes.

Se un político ou un militante dun partido entran en estado de nirvana, os resultados poden ser catastróficos, e non só para a organización á que pertencen, tamén por extensión a todo o conxunto da sociedade da que forman parte.

En política hai que ser áxiles, hábiles e intelixentes, se experimentas o nirvana, estás inactivo e polo tanto fóra de toda realidade.

Ser activista, implica estar disposto a participar de forma activa nun proxecto, achegando traballo, ideas, solucións aos problemas, etc., e non manterse como un mero espectador que está a velas vir, tampouco se limita a ser unha simple cota que dá dereito a protestar e a reivindicar a maioría das veces non se sabe que.

Un verdadeiro activista tamén comparte cos seus compañeiros todo o seu saber e experiencia co fin de alcanzar os obxectivos marcados no proxecto inicial, axuda a darlle forma e loita con todas as súas forzas pola súa consecución.

Agora ben, tamén é verdade, que dada a condición do ser humano, o conflito é inevitable, pero un verdadeiro activista tamén é unha persoa dialogante e non autoritaria, respecta as opinións dos demais aínda que non as comparta, non ten ambición de poder, a súa ambición é participar e construír un proxecto que simplemente mellore a calidade de vida dos seus concidadáns.

Só dúas cousas reclama o activista, que se lle escoite e que se lle recoñeza o seu labor, con iso e con conseguir os obxectivos do proxecto dáse por satisfeito.

É agora cando todos os membros do PSDEG, temos que demostrar en que situación queremos estar, en actividade ou en estado de nirvana.

FORZA E HONRA.

ATE A VITORIA SEMPRE.